domingo, julho 22, 2007

A modo de parrafada II



(...) Dende aquela prestáronos moitas mans, mans que agradecemos moito, sen elas a historia o mellor só era iso, historia, e non presente como hoxe é. Gracias unha vez mais a todas elas, as pasadas, as presentas e as que agardamos están por vir.
E aquí estamos, tentando renovar a ilusión cada día, facendo as cousas honradamente como e tradición no noso Pobo e loitando por sentir orgullo do noso traballo, cousa que dende anos foi difícil nesta Terra. Hoxe xa entrando nun novo século a esperanza sigue sendo o ultimo que se perde.
Agradecer tamén o voso apollo, que sodes os que o fin facedes disto unha realidade.

E como non, Bo Proveito


Texto cedido pela Taberna O Lagar em Eiras - Tui


Que bem que soa o galego...


Foto de João Coutinho