Depois de anos a ir lá, consegui finalmente que me cedessem a história. Assim posso contar - numa lingua que me soa tão bem:o galego - como nasceu um sítio que preenche todos os sentidos.
En mentres non vos collemos o pedido e se vos prestades vamos entretervos con un pouco de historia, da nosa historia.
Atopádesvos nunha casa de Labregos Galego-Portugueses, a casa de María da Morghada e Francisco, xente humilde (sen escolla, humilde por obrigación) que co seu traballo ergueu esta casa. Logho o tempo i a vida pasou, e a casa como tantas quedou valeira, a espera de nova savia.
E no ano oitenta e sete, nunha Ourensá rúa dos viños, dous Minhotos, Berto e Miguel deron en pensar que se querían facer Taberneiros. Co máximo respeto e poucos cartos montouse “unha tasca diferente”, así se anunciaba no ano oitenta oito a súa apertura. Coñecementos os mínimos, por non dicir ningún e ilusión a máxima, poida que ela, a ilusión, nos levara a que hoxe aínda esteamos aquí e téndovos a vos como clientes.
(...)
Taberna O Lagar en Eiras
Picons darriba, 12 Eiras
O Rosal Pontevedra
986 620 053
Foto de João Coutinho